1964
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calendario gregoriano | 1964 MCMLXIV |
Ab urbe condita | 2717 |
Calendario armenio | 1413 |
Calendario chinés | 4660 – 4661 |
Calendario hebreo | 5724 – 5725 |
Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2019 – 2020 1886 – 1887 5065 – 5066 |
Calendario persa | 1342 – 1343 |
Calendario musulmán | 1384 – 1385 |
Calendario rúnico | 2214 |
< Século XIX | Século XX | Século XXI > | |||||||
01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Xaneiro
- 1 de xaneiro - Iniciase o 1º Plan de Desenvolvemento en España.
- 4 de xaneiro - O Papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
[editar] Febreiro
- 1 de febreiro - En EE. UU., os Beatles alcanzan por primeira vez o primeiro lugar nas listas discográficas, coa canción I Want to Hold Your Hand.
- 2 de febreiro - A sonda estadounidense Ranger VI chega á Lúa, pero non consegue retransmitir imaxes a causa dunha avaría na cámara.
- 2 de febreiro - Detención de sete activistas do Partido Nacionalista Vasco.
- 3 de febreiro - En Nova York (EE. UU.) en protesta contra a discriminación racial nas escolas, grupos de negros e portorriqueños boicotean as escolas públicas.
- 6 de febreiro - O goberno socialista cubano córtalle a auga á base naval estadounidense de Guantánamo como resposta ao secuestro de catro barcos de pesca cubanos ante as costas de Florida (o 2 de febreiro).
- 7 de febreiro - En Jackson (Misisipi, EE. UU.) un xurado non se pon de acordo no veredicto contra Byron De La Beckwith polo asasinato de Medgar Evers (en xuño de 1963).
- 7 de febreiro - O inmunólogo estadounidense Thomas Marchioro informa de que o soro antilinfocitos obtido de cabalos mitiga a reacción de rechazo dos transplantes de ril.
- 7 de febreiro - Un incendio asola unha gran parte das illas australianas de Tasmania e causa 52 mortos.
- 7 de febreiro - The Beatles chegan por primeira vez a Nova York.
- 7 de febreiro - A diocese de León cede ao INI o convento de San Marcos.
- 9 de febreiro - En EE. UU., The Beatles e Richard Terrance McDermott (corredor olímpico estadounidense) aparecen por primeira vez en The Ed Sullivan Show.
- 9 de febreiro - En Innsbruck (Austria) conclúen os Xogos Olímpicos de Inverno.
- 9 de febreiro - Anúnciase oficialmente o compromiso matrimonial entre o príncipe español Carlos Hugo de Borbón-Parma e a princesa holandesa Irene de Orange-Nassau.
- 11 de febreiro - En Chipre, tropas gregas e turcas combaten en Limassol.
- 11 de febreiro - O goberno de Taiwán corta relacións diplomáticas con Francia, debido a que os franceses recoñeceron á República Popular China.
- 13 de febreiro - Asínase un acordo pesqueiro e comercial entre España e Mauritania.
- 15 de febreiro - En Barcelona, gran éxito da obra teatral María Rosa, de Ángel Guimerà, interpretada en catalán pola compañía de Núria Espert.
- 17 de febreiro - En EE. UU., en Wesberry v. Sanders (376 US 1 1964), a Suprema Corte declara que os distritos congresais deben ter aproximadamente a mesma poboación.
- 18 de febreiro - O goberno de EE. UU. pide explicacións ao goberno español acerca das relacións que mantén con Cuba.
- 19 de febreiro - Paul Simon escribe The Sounds of Silence.
- 19 de febreiro - Georgios Papandreu xura o cargo de presidente de Grecia ante o rei Paulo I.
- 19 de febreiro - Recóbrase o cadro de Rubens Cabezas de negros, que fora roubado do museo de Bruxelas.
- 21 de febreiro - No teatro Reina Victoria (de Madrid) estréase Nos venden el piso, de Alfonso Paso.
- 28 de febreiro - En Estambul (Turquía) Turgut Erenerol é nomeado segundo patriarca da Igrexa Ortodoxa Turca, co nome de Eftim II.
- 29 de febreiro - O presidente estadounidense Lyndon Johnson anuncia que creou un avión (o A-11), capaz de voar a máis de 3200 km/h a máis de 20 km de altura.
[editar] Marzo
- 27 de marzo - o Terremoto Good Friday, o máis potente da historia de EE. UU., con 9,2 puntos da escala Richter, mata a 125 persoas e desfai a cidade de Anchorage (Alasca).
[editar] Abril
- 1 de abril - Golpe de estado en Brasil, coa toma do poder polos militares.
[editar] Maio
[editar] Xuño
- 25 de xuño - Fundación da Unión do Pobo Galego, UPG.
[editar] Xullo
- 17 de xullo - Malcolm X fala ante a Organización para a Unidade Africana.
[editar] Nacementos
- 7 de xaneiro - Nicolas Cage, actor estadounidense.
- 27 de xaneiro - Bridget Fonda, actriz estadounidense.
- 15 de febreiro - Chris Farley, actor estadounidense (m. 1997)
- 18 de febreiro - Matt Dillon, actor estadounidense.
- 9 de marzo - Juliette Binoche, actriz francesa.
- 18 de marzo - Rozalla, cantante de Zambia
- 30 de marzo - Tracy Chapman, cantante estadounidense.
- 7 de abril - Russell Crowe, actor neocelandés
- 25 de abril - Hank Azaria, actor estadounidense.
- 26 de maio - Lenny Kravitz, guitarrista estadounidense.
- 15 de xuño - Courteney Cox, actriz estadounidense.
- 9 de xullo - Courtney Love, cantante e actriz estadounidense.
- 26 de xullo - Sandra Bullock, actriz estadounidense.
- 15 de agosto - Manuel Escribano Subías, relixioso galego.
- 2 de setembro - Keanu Reeves, actor estadounidense.
- 26 de setembro - Nicki French, cantante británica.
- 30 de setembro - Monica Bellucci, actriz italiana.
- 10 de novembro - Magnus Scheving, produtor de televisión islandés
- 11 de novembro - Calista Flockhart, actriz estadounidense.
- 16 de novembro - Diana Krall, pianista de jazz canadense.
- 25 de novembro - Mark Lanegan, músico estadounidense.
- 4 de decembro - Marisa Tomei, actriz estadounidense.
- 19 de decembro - Arvydas Sabonis, baloncestista lituano.
[editar] Mortes
- 1 de xaneiro - Bechara El Khoury, presidente de Líbano (n. 1890)
- 2 de xaneiro - Pío Fonty Quer, botánico español.
- 21 de febreiro - Luis Martín-Santos, escritor español. (n. 1924).
- 5 de abril - Douglas MacArthur, militar estadounidense.
- 29 de abril - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán.
- 21 de maio - James Franck, físico alemán, premio Nobel de Física en 1925.
- 27 de maio - Jawaharlal Nehru, primeiro presidente da India (1947-1964).
- 3 de xullo - Arturo Souto, pintor galego.
- 14 de outubro - Ramón Suárez Picallo, político galego.
- 11 de novembro - Manuel Gómez Román, arquitecto galego.
- 17 de decembro - Victor Franz Hess, físico austríaco, premio Nobel de Física en 1936.
[editar] Premios Nobel
- Física: Charles Hard Townes, Nikolai Basov e Aleksandr Mikhailovich Prokhorov
- Química: Dorothy Crowfoot Hodgkin
- Fisioloxía ou Medicina: Konrad Bloch e Feodor Lynen
- Literatura: Jean-Paul Sartre
- Paz: Martin Luther King