Estados Unidos de América - United States of America
Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
United States of America Estados Unidos de América |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA; en inglés: United States of America, abreviado USA) é un estado federal composta por 50 estados, 48 deles situados entre Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste); quedando fóra desta zona Alasca e Hawai.
A súa capital é Washington, DC (Distrito de Columbia, distrito federal administrado polo Congreso). As cidades principais son Nova York, Os Ánxeles, Chicago, San Francisco, Atlanta, Houston, Phoenix, Nova Orleáns, Pittsburgh, Miami, Boston e Filadelfia.
Nestes momentos é a principal potencia política, militar e económica do mundo con gran diferenza sobre as demais nacións.
A maior parte do Estados Unidos de América comprende gran parte da América do Norte, ao sur do Canadá, ben como o estado de Alasca na punta noroeste do continente. O estado do Hawai atópase no Océano Pacífico. A porción principal do país confina a norte co Canadá, a leste co Océano Atlántico (e a costa leste dos EUA é o territorio máis próximo das Bermudas), facendo fronteira marítima coas Bahamas e con Cuba, a través do Estreito de Florida, a sur co Golfo de México e co México e a oeste co Océano Pacífico.
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia dos Estados Unidos de América.
Os actuais Estados Unidos de América orixináronse a partir das Trece Colonias británicas establecidas na costa atlántica da América do Norte desde o século XVII. En 1776, organizouse unha revolta da clase dirixente dos colonos e seguiu a Revolución Americana de 1776 guerra de independencia contra os colonizadores. En 1789, o país adotou unha constitución e asumiu a forma dunha República federal, dando unha grande autonomía aos estados federados. Desde a súa independencia efectiva da Inglaterra, en 1783, e ata mediados do século XX fóronse incorporando novos territorios e estados, ampliando as fronteiras ata o Océano Pacífico.
A ocupación humana do territorio dos Estados Unidos comezou coa migración de humanos da Asia, a través do Estreito de Bering, nun período indeterminado (as estimativas varían de 10 a 40 mil anos atrás).
Durante o século XVI e o século XVII, exploradores españois exploraron e colonizaron escasamente as rexións que constitúen actualmente o sur da Florida e da rexión sur dos Estados Unidos. O primeiro asentamento inglés exitoso foi Jamestown, no actual estado de Virxinia, fundada en 1607. Durante as próximas dúas décadas, fundáronse varios asentamentos neerlandeses no que actualmente constitúe o Estado de Nova York, incluindo a vila de Nova Ámsterdam, que é actualmente a cidade de Nova York, aínda que a extensiva colonización inglesa da costa leste dos Estados Unidos, quitou aos neerlandeses da rexión na década de 1670.
Despois da guerra franco-indíxena, onde Francia perdeu as súas colonias en favor de Inglaterra (colonias que actualmente constitúen o leste do Canadá), esta comezou a impor impostos - sendo unha das principais razóns os custos financeiros da guerra. Estes impostos tornáronse extremadamente impopulares entre os colonos norteamericanos, que alén diso, non dispuñan de representación no Parlamento do Reino Unido. As tensións entre as 13 colonias inglesas e o Reino Unido medraron, e as 13 colonias rebeláronse contra os británicos, na Revolución Americana de 1776, de 1775 a 1783. A estrutura política orixinal das 13 colonias era unha confederación, ratificada en 1781. En 1789, os Estados Unidos optaron por tornárense unha República federal.
Desde tempos coloniais, os Estados Unidos tiveron falta de man de obra. Daquela, as diferenzas socioeconómicas no país eran enormes, cun norte industrializado e un sur agrario. A falta de man de obra incentivou a inmigración europea no Norte e o uso do traballo escravo no Sur - que facía un uso extensivo de escravos comprados no continente africano. Os estados industrializados do norte eran contrarios á escravitude, mentres o sur consideraba a escravitude indispensábel para a súa agricultura. Estas diferenzas foron un dos moitos motivos de tensión política que desencadearon a formación dos Estados Confederados de América, e irromperon na Guerra Civil Estadounidense, entre 1861 e 1865. A Confederación disolveuse ao fin da guerra, e o poder político dos sudistas no goberno do país diminuíu drasticamente. A Guerra Civil Estadounidense acabou efectivamente coa cuestión dos dereitos dun estado a saír da Unión. Despois da guerra, o goberno federal norteamericano tornouse efectivamente máis poderoso que os gobernos estatais.
Ao longo do século XIX, engadíronse varios novos estados aos 13 orixinais, á medida que a nación se expandiu na América do Norte. O Destino Manifesto foi unha filosofía política dos Estados Unidos que animou á expansión rumbo ao Oeste. Á medida que a poboación dos estados do leste medraba e un número cada vez maior de inmigrantes entraban no país, pasaron cada vez máis asentadores a habitar rexións máis ao Oeste. Mentres isto acontecía, os Estados Unidos acabaron efectivamente con todas as nacións indíxenas existentes no territorio norteamericano, e movendo forzadamente a poboación indíxena dos seus antigos territorios para reservas indíxenas. Esta migración forzada é aínda un asunto moi discutido nos Estados Unidos, con varias tribos indíxenas aínda reivindicando terras, e defendendo unha política separatista. Nalgunhas áreas, os indíxenas norteamericanos extermináronse con doenzas infecciosas, descoñecidas polos indíxenas, que se contaminaron a través do contacto con persoas de ascendencia europea - cos asentadores norteamericanos adquirindo estas terras de ninguén.
Os Estados Unidos non foron unha potencia colonial, aínda que, a través de varias vitorias militares, diplomacia e acordos externos, os Estados Unidos adquiriron un número de posesións ultra-marinas, desde Cuba ata as Filipinas. Aínda que os Estados Unidos teñan aberto man destes territorios gradualmente, algunhas destas posesións continúan baixo control dos Estados Unidos, sexa na forma de territorios (como Porto Rico) ou de estados (como o Hawai).
No século XIX, os Estados Unidos tornáronse unha potencia económica e militar mundial. O crecemento da influencia dos Estados Unidos sobre o mundo continuou no século XX, un século por veces chamado "O século norteamericano", pola tremenda influencia norteamericana sobre o resto do mundo.
A influencia norteamericana sobre o mundo pode verse na Gran Depresión, un período de gran recesión económica entre 1929 e 1939, que non só abateu todo o país senón tamén o Canadá e os países europeos (especialmente Inglaterra e a Alemaña). Os Estados Unidos adoptaba ata o comezo do século XX unha política isolacionista, non procurando intrometerse en conflitos internacionais. Porén, isto mudou coa entrada do país na Primeira Guerra Mundial e na Segunda Guerra Mundial. Despois do fin desta, os Estados Unidos emerxeron definitivamente como unha das superpotencias mundiais, xuntamente coa Unión Soviética - desencadeando a Guerra Fría. Entre 1945 e 1991, ano do fin da Unión Soviética e do fin da Guerra Fría, os Estados Unidos comprometéronse moito en asuntos exteriores - especialmente na guerra ideolóxica contra o comunismo - participando activamente na Guerra da Corea e da Guerra do Vietnam. Co colapso da Unión Soviética, os Estados Unidos emerxeu como única superpotencia mundial. Participando na Guerra do Golfo (1991), expulsando ás tropas iraquianas que invadiran Kuwait.
En 2001, os Estados Unidos sofreron o pior ataque en terras soberanas da historia do país, nos ataques do 11 de setembro, onde morreron case 3.000 persoas. Este ataque, un ataque terrorista, desencadeou a chamada Guerra contra o terrorismo, e, posteriormente, a controvertida guerra contra o Iraq.
[editar] Xeografía
- Artigo principal: Xeografía dos Estados Unidos de América.
Sendo a cuarta maior nación do mundo, a paisaxe dos Estados Unidos varía de rexión a rexión. O país posúe grandes forestas temperadas na costa leste e no noroeste, pantanais na Florida, as Grandes Chairas e o sistema fluvial do Mississippi-Missouri na rexión central, as Montañas Rochosas a oeste das chairas, desertos e zonas costeiras a oeste das Montañas Rochosas e forestas húmidas temperadas no noroeste da costa do Pacífico. As rexións árticas do Alasca e as illas volcánicas do Hawai aumentan aínda a diversidade xeográfica e climática.
O mapa político dos Estados Unidos está dividido en tres distintas seccións: O Alasca, conectado en terra apenas co Canadá, á leste; o Hawai, un arquipélago localizado no meo do Océano Pacífico, e o Estados Unidos Continental, que comprende os 48 estados localizados na América do Norte. A fronteira dos Estados Unidos Continental co Canadá é a máis longa fronteira non defendida do mundo.
[editar] Clima
Debido á súa grande extensión territorial, o clima varía moito de rexión á rexión. Florida posúe un clima tropical, mentres Alasca posúe un clima polar. Vastas porcións do país teñen un clima continental, con veráns tépedos e invernos fríos. Algunhas partes, en particular partes da California, teñen un clima mediterráneo. No xeral, a maior parte dos Estados Unidos posúe un clima temperado ou subtropical, marcado por 4 estacións, con mudanzas regulares de temperatura e precipitación.
A temperatura media anual varía de -13 °C graos en Barrow, Alasca, a 25,7 graos, no Val da Morte, California. A precipitación media anual varía entre 5 centímetros no Vale da Morte ata 1,170 centímetros no Hawai.
[editar] Política
- Artigo principal: Política dos Estados Unidos de América.
Os Estados Unidos son unha República Federal. A nivel federal, o poder executivo pertence a un presidente electo por un colexio electoral, o poder lexislativo pertence ao Congreso. O Congreso é constituído pola Cámara dos Representantes e polo Senado. Cada estado ten dereito a elixir dous senadores e un número de congresistas proporcionais á a súa poboación. O poder xudicial pertence aos tribunais. Cada estado elixe os membros do colexio electoral que, pola súa vez, elixe o presidente.
[editar] Subdivisións
- Artigos principais: Estados dos Estados Unidos de América e Dependencias dos Estados Unidos de América.
Os Estados Unidos divídense en 50 estados e 1 distrito federal, o Distrito de Columbia. Cada estado, á súa vez, divídese en condados (con excepción da Luisiana, en que as subdivisións se chaman "parroquias", parishes, en inglés). O Estados Unidos de América é unha República Federal, que dan aos estados federados moitos poderes, que na maioría dos outros países do mundo son exclusivas do goberno nacional.
Son os gobernos estatais que posúen a maior influencia sobre o día a día da poboación norteamericana. Cada estado posúe a súa propia Constitución e posúe o poder de aprobar as súas propias regras e leis, referentes a certos asuntos como propiedade, crime, saúde e educación. O principal oficial dun estado é o Gobernador. Cada estado tamén posúe unha lexislatura bicameral. Os membros desta lexislatura son electos pola poboación do estado, excepto no estado de Nebraska, onde cada condado posúe dereito a un certo número de membros na lexislatura. Destaca a lexislatura da Nova Hampshire, que é o terceiro maior Poder Lexislativo no mundo anglófono, e posúe un representante por cada 3 mil habitantes. Cada estado posúe o seu propio Poder xudicial.
A área, poboación e/ou produto interno bruto de varios dos estados dos Estados Unidos compáranse á de varios países do mundo. A poboación da California, por exemplo, é maior que a do Canadá, e o seu produto interno bruto sería o oitavo maior do mundo, en caso de que o estado fose un país independente. A área de Alasca sería o décimo sétimo maior do mundo, en caso de que fose un país independente, con área comparábel ao do Irán.
As institucións que son responsábeis do goberno rexional son tipicamente Consellos Municipais - que toman efecto en cidades (cities ou towns), vilas (village), municipalidades rexionais (towns, rexional municipality, municipality, hamlet) e condados (counties). As municipalidades rexionais e condados son un agrupamento de cidades e vilas. Tales subdivisións rexionais aproban normas que teñen efecto nestas subdivisións en particular, referentes a asuntos como tránsito e a venda de alcohol. Nas cidades, o maior oficial electo pola poboación é o prefecto. As cidades posúen o dereito de recadar impostos. Nalgúns estados, os condados ou municipalidades rexionais tamén posúen o dereito de redactar ordenanzas e cobrar impostos. Noutros estados, os condados ou municipalidades rexionais posúen pouco ou ningún poder.
Os Estados Unidos posúen varios territorios e posesións insulares ultra-marítimas. A maior delas é a illa de Porto Rico. Outras territorios ultra-marítimos de importancia inclúen a Samoa Americana, Guam, Illas Marianas do Norte e as Illas Virxes Americanas. A Mariña norteamericana ocupa unha base militar na Baía de Guantánamo, dende 1898.
|
[editar] Economía
- Artigos principais: Economía dos Estados Unidos de América e Lista de empresas norteamericanas.
A economía dos Estados Unidos organízase segundo o modelo capitalista e está hoxe en día marcada por un crecemento constante, baixas taxas de desemprego e de inflación, un gran déficit comercial e rápidos avances tecnolóxicos. A súa economía pode ser vista como a máis importante do mundo. Varios países indexaron as as súas moedas ao dólar, ou chegan mesmo a usar a moeda americana, e os mercados de capitais americanos son en xeral indicadores da economía mundial.
O país ten enormes recursos minerais, con grandes depósitos de ouro, petróleo, carbón e uranio. Na agricultura, está entre os maiores produtores mundiais de millo, trigo, azucre e tabaco, entre outras producións. A industria americana produce automóbiles, avións e produtos electrónicos. O maior sector económico, porén, é o dos servizos: preto de tres cuartos dos habitantes dos EUA traballan nese sector.
O maior socio comercial dos Estados Unidos é o seu veciño do norte, o Canadá. Outros grandes socio son México, a Unión Europea e nacións industrializadas na Asia, como o Xapón, a India e a Corea do Sur. O comercio coa China tamén é significativo.
[editar] Demografía
- Artigo principal: Demografía dos Estados Unidos de América.
[editar] Etnias
Os Estados Unidos posúen unha das poboacións máis multiculturais do mundo, en termos de descendencia étnica e racial. Inicialmente estaban habitados por pobos indíxenas, como esquimós no Alasca e algonquinos, huróns e iroqueses no continente norteamericano.
No século XVII e XVIII, o territorio que actualmente constitúe os Estados Unidos foi colonizado por europeos, a partir da costa leste. Os ingleses, que fuxían da persecución relixiosa na Europa, constituían a maioría dos colonos a instalárense no Novo Mundo, mais tamén se instalaron colonos españois, franceses e neerlandeses. Os escravos foron traídos do continente africano ao longo do século XVII, XVII e do inicio do XVIII para seren usados como man-de-obra barata, e actualmente, os seus descendentes, coñecidos como afro-americanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, formando 12.9% da poboación dos Estados Unidos.
A partir de 1850, persoas de diversas partes do mundo pasaron a inmigrar para os Estados Unidos. Ata o final do século XIX, a maioría dos inmigrantes viñan dos países da Europa Occidental e Setentrional (Alemaña, Irlanda e países escandinavos). italianos, poloneses, gregos, rusos e húngaros inmigraron en gran cantidade entre o final do século XIX e meados do século XX (ata a década de 1970). Os maiores grupos étnicos europeos son alemáns (15.2% da poboación norteamericana), irlandeses (10.8%), ingleses (8.7%), italianos (5.6%), escandinavos (3.4%), polacos (3.2%) e franceses (3%). Brancos constitúen no total 75% da poboación dos Estados Unidos.
Os asiáticos son unha expresiva minoría nos Estados Unidos, a partir da década de 1860, constituíndo 4.2% da poboación do país.
Os hispanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, sendo actualmente a maior minoría étnica, con preto de 13.4% da poboación norteamericana. Dado a súa alta inmigración, boa parte desta ilegal, espérase un crecemento desta porcentaxe.
[editar] Urbanismo
O Estados Unidos é un país altamente urbanizado. Cerca de 91% da poboación norteamericana viven en cidades. Estas cobren apenas 2.75% da área total do país. Existen dúas grandes megalópoles no país. Unha está localizada na rexión nordeste dos EUA, composta principalmente por Nova Jersey, Nova York, Buffalo, Filadelfia e Washington, DC. A outra está localizado na rexión sudoeste do país, na costa pacífica, centralizadas nas cidades de Os Ánxeles, San Francisco e Sacramento.
Grandes suburbios cercan moitas das cidades dos Estados Unidos. As cidades centrais e cidades veciñas forman áreas metropolitanas. Existen preto de 260 áreas metropolitanas no país, das cais as maiores son as rexións metropolitanas de Nova York que posúe 21 millóns de habitantes; Os Ánxeles, que posúe 17 millóns de habitantes, e Chicago, que posúe 9 millóns de habitantes. A poboación destes suburbios é considerábel, e moitas veces superior á poboación da cidade central. Washington, DC, por exemplo, posúe só preto de 535 mil habitantes, mentres a súa rexión metropolitana posúe preto de 4 millóns. Desde 1970, viven máis norteamericanos nos suburbios que no centro.
[editar] Maiores cidades
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | ![]() Nova York ![]() Os Ánxeles ![]() Chicago |
||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.274.527 | 11 | Detroit | Michigan | 916.952 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.834.340 | 12 | Jacksonville | Florida | 805.605 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.836.658 | 13 | San Francisco | California | 799.183 | |||
4 | Houston | Texas | 2.208.180 | 14 | Indianapolis | Indiana | 795.458 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.552.259 | 15 | Columbus | Ohio | 747.755 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.449.634 | 16 | Austin | Texas | 743.074 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.328.984 | 17 | Fort Worth | Texas | 681.818 | |||
8 | San Diego | California | 1.266.731 | 18 | Memphis | Tennessee | 674.028 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.240.499 | 19 | Charlotte | Carolina do Norte | 671.588 | |||
10 | San Jose | California | 939.899 | 20 | Baltimore | Maryland | 637.455 | |||
Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000 |
![]()
Washington DC, capital do país.
|
[editar] Lingua
Os Estados Unidos nunca tiveron un idioma oficial, aínda que o inglés teña sido sempre o idioma predominante, e é falado pola inmensa maioría, sendo de feito o idioma dos Estados Unidos. Vinte e sete estados norteamericanos adoptaron o inglés como idioma oficial. Destes estados, tres adoptan un segundo idioma oficial: o Hawai, que adopta a Lingua hawaiana como segundo idioma oficial; a Luisiana adopta o francés e o Novo México, o español. Nos estados norteamericanos sen idioma oficial, o inglés é adoptado en todos servizos públicos, servizos en outros idiomas son fornecidos en áreas con grande poboación de inmigrantes.
Moitos dos inmigrantes que van aos Estados Unidos teñen pouco ou ningún coñecemento de inglés. A maioría deles aprende inglés o suficiente no país para comunicarse con outros norteamericanos. Os fillos destes inmigrantes, que estudan en escolas norteamericanas, aprenden primariamente inglés nas escolas. Así, a cada xeración, o idioma materno acaba cedendo, gradualmente, lugar ao inglés.
Actualmente, o español é o segundo idioma máis falado. Cerca de 10.8% da poboación norteamericana posúe o español como idioma materno. A maioría reside nos estados do oeste e do sur (especialmente en California, Novo México e Texas). Desde a década de 1950, moitos hispanos inmigraron, vidos do México, Cuba e outros países hispanos. Moitos deses aprenderon ou aprenden o inglés, mais outros falan só español.
Debido a que non existe un idioma oficial, o dominio do inglés non é de todo indispensábel, especialmente nos estados que posúen unha grande poboación de inmigrantes recentes - especialmente hispanos. Na década de 1980 e na década de 1990, varios estados crearon leis facendo do inglés como único idioma legal de tales estados.
[editar] Educación
A educación pública dos Estados Unidos é controlada por gobernos estatais e locais, regulada polo Departamento de Educación de Estados Unidos a través de restricións nas subvencións federais. Na maioría dos estados os nenos acoden ao colexio desde os seis ou sete anos (xardín de infancia ou primeiro grado) ata que cumpren os dezaoito; algúns estados permiten aos estudantes abandonar o instituto aos dezaseis ou dezasete anos. Ao redor dun 12% dos mozos están matriculados en colexios privados. Só un 2% dos nenos están escolarizados nas súas propias casas. Os Estados Unidos teñen unha gran cantidade de institucións de educación superior públicas e privadas, así como colexios universitarios locais con políticas de admisión abertas. Dos estadounidenses maiores de 25 anos, o 84,6 % se graduaron na escola secundaria, o 52,6 asistiron a algunha universidade, o 27,2 % conseguiu un título de graduado e o 9,6 % logrou un título de posgrao. A taxa de alfabetización é aproximadamente do 99 %. As Nacións Unidas asignaron aos Estados Unidos un índice de educación do 0,97, empatando no duodécimo posto do mundo.
[editar] Relixión
A primeira emenda á constitución prohibe o establecemento dunha relixión oficial ou de restricións na expresión relixiosa libre. Porén, os Estados Unidos son de forma maioritaria cristián; un 80 por cento de americanos son cristiáns de varias denominacións, as máis grandes son o catolicismo romano (un 26 por cento) e o bautismo (preto de 17 por cento). Os Estados Unidos posúen tamén a comunidade xudía máis grande do mundo, case o 2 por cento da poboación. Dos americanos restantes, o 15 por cento carece de relixión (segmento que cada vez aumenta máis) e outro 4 por cento pertencen a outras relixións, tales como o islam, hinduísmo e budismo. Entre as nacións desenvolvidas os Estados Unidos teñen un nivel relativamente alto de relixiosidade. Segundo unha enquisa 2004 de Gallup, case un 44% de americanos atenden a servizos relixiosos polo menos unha vez por semana. Con todo esa taxa non é uniforme en todo o país; a atención regular e máis común dáse no coñecido como cinto da Biblia -- integrada en gran parte por estados meridionais e do Medio Oeste --. Nos estados meridionais, os bautista constitúen a grupo máis grande, seguido por metodistas. O catolicismo romano é predominante no nordeste e en gran parte do Medio Oeste debido a inmigrantes católicos de Europa, como alemáns, irlandeses, italianos, polacos, e hispanoamericanos. A Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, máis coñecida como a igrexa dos mormóns, é a relixión predominante no estado de Utah.
[editar] Cultura
- Artigo principal: Cultura dos Estados Unidos de América.
A cultura dos EUA ten unha grande influencia no resto do mundo, e en especial no mundo occidental. A música americana é ouvida en todo o mundo e os filmes e programas televisivos americanos poden ser vistos case en todas as partes.
A maioría das grandes cidades ofrecen instalacións e actuacións de música clásica e popular, centros de investigación histórica, científica e artística e museos, actuacións de danza, musicais e pezas de teatro, alén de eventos ao ar libre e arquitectura de significado internacional. Este desenvolvemento é resultado de contribucións ben de filántropos privados, ben de fundos gobernamentais.
A maioría da poboación norteamericana posúe unha razoábel cantidade de tempo libre. Os deportes son os principais pasatempos da poboación. Millóns de norteamericanos pasan o seu tempo libre xogando deportes con amigos ou asistindo a xogos profesionais en estadios ou na televisión. Cerca de 95% da poboación norteamericana posúe unha televisión en casa. En media, a televisión fica ligada 7 horas por día.
[editar] Deportes
Algúns deportes que foron criados ou desenvolvidos nos Estados Unidos tornáronse mundialmente famosos. Tais deportes inclúen o baloncesto, o béisbol, o fútbol americano. Poucos deportes estranxeiros conseguiron popularizarse no país. O deporte canadense hoquei sobre o xeo é tamén razoabelmente famoso, especialmente como deporte de inverno. O fútbol é famoso como pasatempo, especialmente entre descendentes de europeos e latino-americanos, mais as tentativas da creación dunha liga profesional fallaron ou pasaron por grandes dificultades, e o fútbol aínda non é un deporte recoñecido profesionalmente no país. Outros deportes famosos no país inclúen golf, tenis, natación e as carreiras automobilísticas.
Os Estados Unidos son sé de varios das principais competicións internacionais de deportes do mundo - como o Masters de golf, o US Open de tenis e o NASCAR e a Fórmula Indy. Os Estados Unidos foron sede de Copa do Mundo de fútbol en 1994, e por oito veces os Xogos Olímpicos, máis do que calquera outro país. Os Estados Unidos xeralmente obteñen moi bos resultados nas Olimpíadas. En 2004, os Estados Unidos conseguiron un total de 103 medallas, das cales 35 eran de ouro.
[editar] Cinema
- Artigo principal: Cinema dos Estados Unidos de América.
O cinema dos Estados Unidos de América, alén dunha forma de expresión cultural específica dun pobo, é tamén unha das máis exitosas industrias de entretemento do mundo. A pesar de nen todos os filmes dos Estados Unidos seren producidos en Hollywood, a localidade tornouse sinónimo desta industria nacional. A influencia do cinema norteamericano no resto do mundo é avasaladora e permanece, xeralmente, como unha referencia para o público.
[editar] Literatura
- Artigo principal: Literatura dos Estados Unidos de América.
![](http://library.vu.edu.pk/cgi-bin/nph-proxy.cgi/000100A/http/web.archive.org/web/20120602132356im_/http:/=2fupload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Edgar_Allan_Poe_2.jpg/150px-Edgar_Allan_Poe_2.jpg)
A literatura dos Estados Unidos de América pode ser considerada como parte da Literatura inglesa ou como unha rama literario distinta. A literatura norteamericana inicial debe moito ás formas e estilos orixinarios da Europa. por exemplo, "Wieland" e outros romances de Charles Brockden Brown (1771-1810) inspíranse directamente nos romances góticos que entón eran escritos na Inglaterra. Mesmo as narrativas impecabelmente urdidas por Washington Irving (1783-1859) - principalmente Rip Van Winkle e The Legend of Sleepy Hollow - parecen claramente europeas a pesar da acción se desenvolver no Novo Mundo.
[editar] Teatro
- Artigo principal: Teatro dos Estados Unidos de América.
O teatro nos Estados Unidos de América é baseado na tradición occidental, na súa maioría emprestado dos estilos de performance que prevalecían na Europa na época da súa introdución no país. Hoxe en día, está fortemente interligado coa literatura, filmes, televisión e música norteamericana e non é pouco común unha mesma historia ser recontada en todas estas formas. Rexións con escenarios musicais significativos frecuentemente posúen fortes tradicións teatrais e de comedia tamén. O teatro musical pode ser a forma máis popular: é certamente unha forma máis viva de teatro e as coreografías de suceso dos palcos acaban indo para a televisión e filmes.
[editar] Feriados
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | New Year's Day | Inicio do novo ano civil |
xaneiro, terceiro luns | Día de Martin Luther King, Jr. Day | Martin Luther King, Jr. Day | En memoria do líder cívico polos dereitos das minorias |
febreiro, terceiro luns | Día do Presidente | Presidents' Day | En honra de antigos Presidentes, en especial Washington e Lincoln |
maio, último luns | Día da Memoria | Memorial Day | En honra dos que morreron en servizo da nación |
4 de xullo | Día da Independencia | Independence Day | Celebra a declaración da Independencia |
setembro, primeiro luns | Día do traballo | Labor Day | |
outubro, segundo luns | Día de Colón | Columbus Day | Asinala a descoberta de América por Cristovo Colón |
11 de novembro | Día dos Veteranos | Veteran's Day | Tradicionalmente, ás 11 horas da mañá observase un momento de silencio polos que loitaron pola paz |
novembro, cuarto mércores | Día de Acción de Grazas | Thanksgiving | |
25 de decembro | Nadal | Christmas | Nacemento de Xesús Cristo |
[editar] Transportes e telecomunicacións
O Estados Unidos posúen unha extensiva malla de autoestradas, ferroviaria e hidroviaria. De feito, a quilometraxe destas mallas son as maiores do mundo nas súas respectivas categorias. Existen preto de 75 mil quilometros de autoestrada e vias expresas de alta capacidade. Para cada 100 habitantes, existen preto de 75 carros. Mentras isto, os camións transportan cerca dun 1/4 de toda a carga transportada no país.
Os ferrocarrís transportan preto de 35 % de toda a carga no país, mentres só o 1 % dos pasaxeiros. O contrario acontece coas liñas aéreas americanas, que transportan 18 % dos pasaxeiros mais menos de 1 % da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é a maior do mundo. Chicago, Atlanta, Os Ánxeles, Dallas, Nova York, San Francisco e Orlando destacanse como grandes centros aeroportuarios.
Cerca de 15 % de toda a carga transportada no país é transportada via hidrovias como ríos e lagos, alén de mares e océanos. Os Ánxeles, Nova York, Filadelfia, San Francisco, New Orleans, Miami e Houston destacanse como grandes centros portuarios. O porto máis movimentado do país por número de navios atendido é o de Nova Orleans, mentres o porto máis movimentado segundo tonelaxe de carga é o de Los Angeles.
San publicadas diaramente no Estados Unidos preto de 60 millóns de xornais. No país, son publicadas millares de xornais diarios ou semanais. Existen tamén no país millares de estacións de radio e televisión. Praticamente toda residencia americana posúe un radio, e a grande maioría posúe unha televisión.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Presidentes dos Estados Unidos de América.
- Casa Branca.
- Armada dos Estados Unidos.
- Lista de estados dos EUA por poboación.
- Lista de estados dos EUA por densidade da poboación.
- Lista dos estados dos EUA por área.
- Lista das maiores cidades dos estados dos EUA.
- Estados dos Estados Unidos de América.
[editar] Ligazóns externas
- Páxina do Goberno (en inglés).
|
|
Países do mundo | América do Norte |
![]() ![]() ![]() |
Países con parte do seu territorio en América do Norte
|