1986
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calendario gregoriano | 1986 MCMLXXXVI |
Ab urbe condita | 2739 |
Calendario armenio | 1435 |
Calendario chinés | 4682 – 4683 |
Calendario hebreo | 5746 – 5747 |
Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
2041 – 2042 1908 – 1909 5087 – 5088 |
Calendario persa | 1364 – 1365 |
Calendario musulmán | 1407 – 1408 |
Calendario rúnico | 2236 |
< Século XIX | Século XX | Século XXI > | |||||||
01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
- 1 de xaneiro - Ingreso de España e Portugal na CEE.
- 1 de xaneiro - Entrada en vigor do IVE en España.
- 2 de xaneiro - O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a traverso do Estreito de Messina.
- 28 de xaneiro - O transbordador espacial Challenger explota despois de despegar do Centro Espacial Kennedy, Florida, matando os seus 7 tripulantes.
- 12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49 %, votos en contra 39,87 %, votos en branco 6,53 % e nulos 1,11 % dos votos emitidos.
[editar] Nacementos
- 26 de febreiro - Leila Lopes, modelo angolana.
- 3 de xuño - Rafael Nadal, tenista español.
- 28 de agosto - Gilad Shalit, militar de Israel.
- 12 de setembro - Emmy Rossum, actriz americana.
[editar] Mortes
- 1 de xaneiro - Alfredo Binda, ciclista italiano.
- 4 de xaneiro - Christopher Isherwood, escritor anglo-estadounidense.
- 7 de xaneiro - Juan Rulfo, escritor mexicano.
- 10 de xaneiro - Jaroslav Seifert, escritor checoslovaco, Premio Nobel de Literatura en 1984 (n. 1901)
- 23 de xaneiro - Joseph Beuys, artista alemán.
- 1 de febreiro - Alva Myrdal, político, diplomático e escritor sueco, Premio Nobel da Paz (n. 1902).
- 28 de febreiro - Olof Palme, primeiro ministro sueco (asasinado) (n. 1927).
- 6 de marzo - Georgia O'Keeffe, artista estadounidense.
- 30 de marzo - James Cagney, actor estadounidense (n. 1899).
- 4 de abril - Xerardo Álvarez Gallego, escritor e político galego.
- 7 de abril - Leonid Kantorovich, economista ruso, Premio Nobel de Economía (n. 1912).
- 14 de abril - Simone de Beauvoir, escritora e feminista francesa (n. 1908).
- 15 de abril - Jean Genet, escritor francés (n. 1910).
- 4 de maio - Isidro Parga Pondal, xeólogo galego.
- 9 de maio - Ánxel Fole, escritor galego.
- 9 de maio - Tenzing Norgay, sherpa nepalí (n. 1914).
- 31 de maio - James Rainwater, físico estadounidense, Premio Nobel (n. 1917).
- 13 de xuño - Benny Goodman, músico de jazz estadounidense (n. 1909).
- 14 de xuño - Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899).
- 24 de xullo - Fritz Albert Lipmann, bioquímico estadounidense, Premio Nobel (n. 1899).
- 25 de xullo - Vincente Minnelli, director estadounidense de cine (n. 1903).
- 16 de agosto - Luís Casas Pasarín, futbolista galego (n. 1902).
- 19 de agosto - Antonio Rosón Pérez, avogado galego, primeiro presidente da Xunta de Galicia.
- 31 de agosto - Henry Moore, escultor británico.
- 31 de agosto - Urho Kekkonen, presidente de Finlandia (n. 1900).
- 7 de setembro - Omar Ali Saifuddin III, Sultán de Brunei (n. 1914).
- 25 de setembro - Nikolay Nikolayevich Semyonov, químico ruso, Premio Nobel de Química (n. 1896)
- 11 de outubro - Georges Dumézil, antropólogo francés (n. 1898).
- 19 de outubro - Samora Machel, presidente de Mozambique (n. 1933).
- 22 de outubro - Albert von Szent-Gyorgyi Nagyrapolt, fisiólogo húngaro, premio Nobel de Medicina en 1937 (n. 1893).
- 23 de outubro - Edward Adelbert Doisy, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1943 (n. 1893).
- 25 de outubro - Forrest Tucker, actor estadounidense (n. 1919)
- 31 de outubro - Robert S. Mulliken, físico e químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1896).
- 8 de novembro - Vyacheslav Molotov, político soviético (n. 1890).
- 2 de decembro - Desi Arnaz, actor cubano-americano (n. 1917).
- 12 de decembro - Juan García Durán, anarquista e historiador galego (n. 1915).
- 14 de decembro - Eusebio Lorenzo Baleirón, escritor galego (n. 1962).
- 29 de decembro - Andrei Tarkovski, director de cine ruso.
- 29 de decembro - Harold Macmillan, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1894).
[editar] Premios Nobel
- Física: Ernst Ruska, Gerd Binnig e Heinrich Rohrer
- Química: Dudley R. Herschbach, Yuan T. Lee e John C. Polanyi
- Fisioloxía ou Medicina: Stanley Cohen e Rita Levi-Montalcini
- Literatura: Wole Soyinka
- Paz: Elie Wiesel
- Economía: James M. Buchanan Jr.