1936
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calendario gregoriano | 1936 MCMXXXVI |
Ab urbe condita | 2689 |
Calendario armenio | 1385 |
Calendario chinés | 4632 – 4633 |
Calendario hebreo | 5696 – 5697 |
Calendario hindú - Vikram Samvat - Shaka Samvat - Kali Yuga |
1991 – 1992 1858 – 1859 5037 – 5038 |
Calendario persa | 1314 – 1315 |
Calendario musulmán | 1355 – 1356 |
Calendario rúnico | 2186 |
< Século XIX | Século XX | Século XXI > | |||||||
01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 |
41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47 | 48 | 49 | 50 |
51 | 52 | 53 | 54 | 55 | 56 | 57 | 58 | 59 | 60 |
61 | 62 | 63 | 64 | 65 | 66 | 67 | 68 | 69 | 70 |
71 | 72 | 73 | 74 | 75 | 76 | 77 | 78 | 79 | 80 |
81 | 82 | 83 | 84 | 85 | 86 | 87 | 88 | 89 | 90 |
91 | 92 | 93 | 94 | 95 | 96 | 97 | 98 | 99 | 00 |
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Galicia
- 28 de xuño - O Estatuto de Autonomía de Galicia é votado en referendo cun 99% de votos a favor.
[editar] España
- 16 de febreiro - A coaligazón de partidos de esquerda Fronte Popular vence nas eleccións xerais en España, e Manuel Azaña tórnase primeiro ministro, restaurando a constitución de 1931.
- 14 de marzo - FE de las JONS é declarado partido ilegal
- 15 de marzo - José Antonio Primo de Rivera é encarcerado.
- Manuel Azaña substitúe como presidente da II República a Niceto Alcalá Zamora, destituído polas Cortes.
- Santiago Casares Quiroga nomeado presidente do goberno de España, substituíndo a Manuel Azaña.
- 17 de xullo - Debido as investigacións gobernamentais o Alzamento Nacional xurde en Melilla un día antes do estipulado para o conxunto do país.
- 18 de xullo - Iníciase en gran parte do territorio español o levantamento do exército, ás ordes do comandante director Emilio Mola, contra o goberno da II República Española.
- Diego Martínez Barrio nomeado presidente do goberno, substituíndo a Santiago Casares Quiroga.
- 19 de xullo - Os sindicatos érguense contra a sublevación militar. Comeza a Guerra civil española.
- 4 de setembro - Talavera de la Reina cae en mans dos nacionais, véndose así Madrid ameazada.
- O goberno de José Giral é deposto e Francisco Largo Caballero, do PSOE, forma novo goberno.
- 1 de outubro - Francisco Franco é nomeado xefe de estado.
- 8 de novembro - Os nacionais atacan Madrid.
- 17 de decembro - Guerra civil española: chegada dos primeiros voluntarios fascistas italianos a España.
[editar] Europa
- 4 de marzo - Voo inaugural do dirixíbel alemán LZ-129 Hindenburg.
- 7 de marzo - Adolf Hitler ordena ocupar as zonas desmilitarizadas da Renania
- 12 de maio - Na Italia, a nova lei electoral restrinxe o dereito ao voto: O Gran consello Fascista escolle 400 deputados dunha lista de candidatos presentada por diversas corporacións. Os deputados sométense despois a plebiscito popular.
- 5 de xuño - Constitúese en Francia o gabinete da Frente Popular, presidido por Léon Blum.
- 21 de xuño - Fai o seu primeiro voo o bombardeiro Handley Page Hampden que participará na Segunda Guerra Mundial.
- 25 de outubro - Adolf Hitler asina unha alianza co ditador fascista italiano Benito Mussolini.
- 25 de novembro - Sinatura do Pacto Anti-Komintern pola Alemaña e o Xapón, acordo que tiña como obxectivo a oposición ao desenvolvemento do comunismo.
- 11 de decembro - O Rei Eduardo VIII do Reino Unido abdica da coroa para o seu irmán Xurxo VI.
- Pacto xermano-italiano, futuro Eixo Roma-Berlín-Tokio.
[editar] Africa
- 26 de agosto - Exipto asina co Reino Unido o tratado polo que obtén a súa independencia.
[editar] Asia
- 26 de febreiro - Revolta militar en Tokio após o éxito electoral dos liberais
- 7 de abril - Expedición de Chiang Kai-shek contra os militares do norte da China.
- 8 de xuño - As tropas de Chiang Kai-shek toman Peking.
- 2 de decembro - Incidente de Sián: Chang Hue Liang e Yang Hut Sheng fan prisioneiro a Chiang Kai-shek para obrigalo a adoptar unha política máis activa en contra do Xapón e un achegamento á Unión Soviética.
[editar] Acontecementos de maior duración
- Guerra civil española (1936-1939)
[editar] Nacementos
- 3 de xaneiro - Georgina Spelvin, actriz estadounidense
- 4 de xaneiro - Gianni Vattimo, filósofo italiano
- 6 de xaneiro - Julio María Sanguinetti, ex-presidente do Uruguai
- 10 de xaneiro - Robert Woodrow Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel
- 12 de xaneiro - Émile Lahoud, presidente do Líbano
- 28 de xaneiro - Ismail Kadaré, escritor albanés
- 28 de xaneiro Alan Alda, actor estadounidense
- 19 de xaneiro - Ziaur Rahman, presidente de Bangladesh
- 22 de xaneiro - Alan J. Heeger, físico estadounidense, Premio Nobel en quimia
- 27 de xaneiro - Samuel Chao Chung Ting, físico estadounidense, Premio Nobel
- 28 de xaneiro - Ismail Kadare, escritor albanés
- 22 de febreiro - John Michael Bishop, virologista estadounidense, Premio Nobel
- 23 de febreiro - Federico Luppi, actor arxentino
- 6 de marzo - Choummaly Sayasone, presidente de Laos
- 8 de marzo - Raimundo Patiño, pintor galego
- 11 de marzo - Harald zur Hausen, científico alemán Premio Nobel en fisioloxía ou medicina
- 18 de marzo - Frederik Willem de Klerk, presidente da África do Sur, Premio Nobel da Paz
- 19 de marzo - Ursula Andress, actriz suíza, a Bond Girl orixinal
- 25 de marzo - Francisco Ibáñez, debuxante de cómics español.
- 26 de marzo - Giora Feidman, clarinetista arxentino
- 28 de marzo - Mario Vargas Llosa, escritor peruano, Premio Nobel de Literatura
- 5 de abril - Xoán Bernárdez Vilar, escritor e historiador galego
- 7 de abril - Xosé Manuel Beiras, político e economista galego
- 10 de abril - Manuel Aramburu, pintor galego
- 29 de abril - Alejandra Pizarnik, poeta arxentina
- 23 de abril - Roy Orbison, cantor estadounidense (m. 1998)
- 27 de abril - Theo Angelopoulos, realizador de cinema grego (m. 2012)
- 29 de abril - Zubin Mehta, rexente de orquestra indiano
- 9 de maio - Ernest Shonekan, presidente de Nixeria
- 12 de maio - Guillermo Endara, presidente de Panamá (m. 2009)
- 17 de maio - Dennis Hopper, actor e realizador de cinema estadounidense
- 21 de maio - Günter Blobel, científico alemán-estadounidense, Premio Nobel
- 7 de xuño - Luis González Seara, sociólogo e político galego
- 8 de xuño - Kenneth Geddes Wilson, físico estadounidense, Premio Nobel
- 18 de xuño - Ronald Venetiaan, presidente de Surinam
- 22 de xuño - Hermeto Pascoal, músico e compositor brasileiro
- 23 de xuño - Konstantinos Simitis, primeiro ministro de Grècia
- 25 de xuño - Jusuf Habibie, presidente de Indonesia
- 16 de xullo - Yasuo Fukuda, primeiro ministro de Xapón
- 30 de xullo - Pilar de Borbón, Infanta de España e irmá de el-rei Xoán Carlos I de España
- 31 de xullo - Boniface Alexandre, presidente do Haití
- 1 de agosto - Yves Saint-Laurent, modisto francés (m. 2008)
- 12 de agosto - André Kolingba, presidente da República Centroafricana (m. 2010)
- 18 de agosto - Robert Redford, actor e realizador de cinema estadounidense
- 20 de agosto - Hideki Shirakawa, químico xaponés, Premio Nobel
- 29 de agosto - John Mc Cain, político estadounidense
- 3 de setembro - Zine El Abidine Ben Ali, presidente de Tunisia
- 7 de setembro - Buddy Holly, cantor estadounidense (m. 1959)
- 14 de setembro - Ferid Murad, biólogo estadounidense, Premio Nobel
- 23 de setembro - Valentín Paniagua Corazao, presidente do Perú (m. 2001)
- 25 de setembro - Moussa Traoré, presidente do Malí
- 29 de setembro - Silvio Berlusconi, primeiro ministro de Italia
- 29 de setembro - Xosé Alexandre Cribeiro, escritor galego
- 2 de outubro - Fernando Sánchez Dragó, ensaista, romancista, crítico literario e animador español
- 2 de outubro - Antonio Gala, escritor español
- 5 de outubro - Václav Havel, presidente de Checoslovaquia, e despois de Chequia (m. 2011)
- 10 de outubro - Gerhard Ertl, físico alemán, Premio Nobel
- 4 de novembro - Didier Ratsiraka, presidente de Madagascar
- 11 de novembro - Alberto Vázquez-Figueroa, novelista español
- 16 de novembro - Antonio Gades, coreógrafo e bailarín español
- 19 de novembro - Yuan T. Lee, químico taiwanés-estadounidense, Premio Nobel
- 22 de novembro - Camilo Nogueira Román, político e economista galego.
- 2 de decembro - Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador galego.
- 8 de decembro - David Carradine, actor estadounidense
- 13 de decembro - Xosé Luís Rodríguez Pardo, avogado e político galego
- 28 de decembro - Han Seung-soo, primeiro ministro da Corea do Sur
- 29 de decembro - Mary Tyler Moore, aactriz estadounidense
[editar] Mortes
- 5 de xaneiro - Ramón María del Valle-Inclán, escritor natural de Galiza (n. 1866).
- 18 de xaneiro - Rudyard Kipling, Premio Nobel de Literatura en 1907 (n. 1865).
- 20 de xaneiro - Rei Xurxo V do Reino Unido (n. 1865).
- 26 de febreiro - Takahashi Korekiyo, primeiro ministro de Xapón (n. 1854).
- 26 de febreiro - Saito Makoto, primeiro ministro de Xapón (n. 1858).
- 27 de febreiro - Ivan Pavlov, psicólogo ruso, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1849).
- 28 de febreiro - Charles Nicolle, bacteriólogo francés, Premio Nobel (n. 1866).
- 4 de marzo - Antón Vilar Ponte, escritor e político galego (n. 1881).
- 8 de abril - Robert Bárány, físico austríaco, Premio Nobel (n. 1876).
- 28 de abril - Fuad I de Exipto.
- 30 de abril - Carlos José Solórzano, presidente de Nicaragua (n. 1860)
- 13 de xuño - Francisco Álvarez de Nóvoa, xornalista e escritor galego.
- 14 de xuño - Maxim Gorki, escritor ruso (n. 1868).
- 14 de xuño - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés.
- 13 de xullo - José Calvo Sotelo, político español.
- 20 de xullo - José Sanjurjo, militar español (n. 1872).
- 20 de xullo - Francisco Ascaso, anarcosindicalista español.
- 21 de xullo - Georg Michaelis, chanceler alemán (n. 1857).
- 24 de xullo - Francisco Pérez Carballo, gobernador civil da Coruña (fusilado).
- 2 de agosto - Louis Blériot, pioneiro de aviación francés (n. 1872).
- 11 de agosto - Blas Infante, político andaluz, Pai da Patria Andaluza.
- 12 de agosto - Juan Antonio Suárez Picallo, galeguista e agrarista sadense (paseado).
- 14 de agosto - Camilo Díaz Baliño, pintor, escenógrafo e artista galego (paseado).
- 15 de agosto - Grazia Deledda, escritora italiana, Premio Nobel de Literatura (n. 1871).
- 17 de agosto - Alexandre Bóveda, intelectual galeguista (fusilado).
- 18 de agosto - Xaime Quintanilla Martínez, médico, alcalde de Ferrol e escritor (asasinado).
- 19 de agosto - Federico García Lorca, poeta andaluz (n. 1898).
- 19 de agosto - Ánxel Casal, editor e político galego (asasinado).
- 19 de agosto - Oscar von Sydow, primeiro ministro de Suecia (n. 1873).
- 21 de agosto - Luis Barrena, político español asasinado en Outes.
- 22 de agosto - José María Hinojosa, escritor español asasinado polo bando republicano durante a Guerra Civil Española.
- 25 de agosto - Manuel Noya Gil, político republicano (asasinado).
- 27 de agosto - Emilio Martínez Garrido, industrial e alcalde de Vigo (fusilado).
- 27 de agosto - Enrique Heraclio Botana, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Antonio Bilbatúa Zubeldía, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Ignacio Seoane Fernández, sindicalista e dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - José Antela Conde, dirixente socialista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Apolinar Torres, mestre e sindicalista galego (fusilado).
- 27 de agosto - Manuel Ferreiro Panadeiro, político e ex-alcalde de Lalín (fusilado).
- 28 de agosto - Uxío Carré Naya, político e sindicalista galego (asasinado).
- 30 de agosto - José López Bouza, político republicano galego (asasinado).
- 31 de agosto - Manuel Guzmán García, político español (fusilado).
- 11 de setembro - Manuel Díaz González, médico e político do Incio (asasinado).
- 12 de setembro - Xoán Xesús González, xornalista, avogado, escritor e político galego (fusilado).
- 12 de setembro - Arturo Noguerol, intelectual galeguista (asasinado).
- 12 de setembro - Gonzalo Acosta Pan, político galego (fusilado).
- 14 de setembro - Eugenio Arbones Castellanzuelo, médico e político galego (asasinado).
- 16 de setembro - Pedro Galán Calvete, dirixente das Mocedades Galeguistas (asasinado).
- 17 de setembro - Gonzalo Martín March, político galego (fusilado).
- 22 de setembro - Marcelino Pasín Noya, sindicalista galego (fusilado).
- 24 de setembro - José Villaverde Velo, anarcosindicalista galego (fusilado).
- 25 de setembro - José María Díaz Díaz-Villamil, avogado e político republicano galego (asasinado).
- 28 de setembro - Francisco Miguel, pintor galego (asasinado).
- 1 de outubro - Tomás López da Torre, avogado e político socialista galego, alcalde de Betanzos (fusilado).
- 2 de outubro - Juho Sunila, primeiro ministro de Finlandia (n. 1875)
- 3 de outubro - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego. Asasinado polos falanxistas.
- 4 de outubro - Francisco Rodríguez Otero, político galego (asasinado).
- 21 de outubro - Rafael de Vega Barrera, médico e político español (fusilado).
- 21 de outubro - Ramón García Núñez, gobernador civil de Lugo (fusilado).
- 29 de outubro - Severino Rivas Barja, alcalde de Castro de Rei (asasinado).
- 29 de outubro - Ramiro de Maeztu, escritor e político español.
- 30 de outubro - Humberto Solleiro Rivera, sindicalista galego (fusilado).
- 30 de outubro - Darío Álvarez Limeses, médico galego (fusilado).
- 31 de outubro - Ignacy Daszyński, primeiro ministro de Polonia (n. 1866)
- 1 de novembro - Jacinto Santiago, xornalista e político galego.
- 10 de novembro - Manuel Lustres Rivas, xornalista galego (asasinado).
- 12 de novembro - Víctor Casas, político e xornalista galego (fusilado).
- 12 de novembro - Amancio Caamaño, médico e político galego (fusilado).
- 12 de novembro - José Adrio Barreiro, avogado e político galego (fusilado).
- 20 de novembro - José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española.
- 20 de novembro - Buenaventura Durruti, sindicalista e revolucionario anarquista español.
- 27 de novembro - Antonio Fernández Pita, alcalde de Sada (fusilado).
- 28 de novembro - Pedro Muñoz Seca, escritor español asasinado polo bando republicano durante a Guerra civil española (n. 1879).
- 2 de decembro - José Miñones Bernárdez, político galego (fusilado).
- 3 de decembro - Luis Rastrollo, mestre e sindicalista (fusilado).
- 9 de decembro - Arvid Lindman, primeiro ministro de Suecia (n. 1862)
- 9 de decembro - Juan de la Cierva, inventor español, inventor do autoxiro.
- 9 de decembro - Brasilino Álvarez Sobrino, alcalde da Garda (fusilado) (n. 1836).
- 10 de decembro - Luigi Pirandello, escritor italiano premio Nobel de Literatura en 1934 (n. 1867).
- 10 de decembro - Constante Moreda, gaiteiro e militante comunista galego (fusilado).
- 24 de decembro - Manuel González Fresco, político galego (asasinado)
- 31 de decembro - Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español (n. 1864).
- 31 de decembro - Antonio Blanco Solla, político galego, alcalde de Marín (fusilado).
[editar] Premios Nobel
- Física: Victor Francis Hess e Carl David Anderson
- Química: Peter Joseph Wilhelmus Debye
- Fisioloxía ou Medicina: Sir Henry Dale e Otto Loewi
- Literatura: Eugene O'Neill
- Paz: Carlos Saavedra Lamas