Maxiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os maxiares ou húngaros, grupo étnico de Europa do leste, son os actuais poboadores de Hungría.

Índice

[editar] Historia e características

Orixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da península de Kola e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os ávaros deixaron en Eslovaquia e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar Saxonia, a Lotarinxia e mesmo Francia. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se estenden entre os ríos Volga e Kama que se desprazaron cara aos territorios ao norte do Cáucaso e de Crimea. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influencia doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influencia dos pobos otomanos e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de Pannonia e Dacia.

Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e Transilvania, e ao sur, ata a rexión localizada entre os ríos Sava e Drava.

A batalla do río Lechja supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do reino de Hungría e as súas primeiras fronteiras extendíanse desde a Bohemia imperial ata os lindes dos montes Dálmatas, os límites da Bosnia bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o nordeste, lindando por fin co reino de Polonia. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións (Polonia, Baviera, Saxonia, Lombardía e Austria, todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.

Na actualidade os maxiares representan o 92% da poboación de Hungría.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas